Sanxenxo pecha coa comisión de festas de Gondar os convenios para a celebración dos patróns
Por Redacción
A parroquia sanxenxina de Gondar celebra este luns a festividade do seu patrón San Tomé con cerimonias relixiosas e un pasarrúas.
É precisamente con esta comisión de festas coa que a Concellería de Cultura dirixida por Paz Lago pecha este ano os convenios de colaboración asinados polo Concello cos colectivos para a celebración dos patróns das parroquias que ascendeu a un total de 44.466 euros sen contar a Feira da Cebola na que se investiron 10.559 euros.
A situación sanitaria marcada pola covid-19 obrigou a adaptar os convenios que cada ano asínanse coas comisións de festas das parroquias limitadas polas restricións e a falta de ingresos ao non poder realizar os métodos habituais de recadación de fondos.
Excepto os festexos de Arra e Adina que se celebraron antes de que se declarase a pandemia e diante do risco de que o resto de parroquias non contasen con fondos para as celebracións patronais, Paz Lago en coordinación coas distintas comisións alcanzou acordos económicos con Bordóns, Aios, Vilalonga, Nantes, Noalla, Dorrón, Gondar e O Santo para sufragar os gastos, fundamentalmente, de foguetes e pasacalles.
"Fixemos un traballo coordinado coas comisións para que non se perdera o ambiente de festa de cada parroquia na celebración do seu patrón", explica Lago.