O Sergas substitúe a María Cobas por Yolanda Lesmes á fronte do departamento de Recursos Humanos en Pontevedra e O Salnés
Por Redacción
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés conta desde este martes con Yolanda Lesmes como nova responsable do departamento de Recursos Humanos en substitución de María Cobas.
A renovación ten como obxectivo impulsar a innovación na xestión das relacións laborais e a capacidade de adaptación aos retos neste distrito de saúde.
Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, a nova responsabble posúe dous másteres en dereito sanitario e en dirección de recursos humanos. Así mesmo, conta cun curso superior de dirección impartido pola Escola Galega de Ad e ministración Sanitaria e outro de directivos xestionado pola Xunta.
Antes de asumir este cargo, Lesmes desenvolveu a súa carreira profesional na asesoría xurídica da dirección provincial do Sergas en Vigo, foi xefa de servizo de recursos e reclamacións para asumir posteriormente a subdirección de relacionales laborais e réxime xurídico na dirección xeral de recursos humanos do Sergas.
Tamén é secretaria provincial da Consellería de Asuntos Sociais en Pontevedra e ostentou entre os anos 2009 e 2018 a secretaría territorial da Xunta en Vigo.
Antes do seu desembarco en Pontevedra e O Salnés, Lesmes Romero xestionaba este mesmo departamento na área sanitaria de Ourense.