Os casos activos de covid-19 medran en Poio e Pontevedra ás portas do Nadal
Por Natalia Puga
Os casos activos de covid-19 volveron a crecer este xoves en Pontevedra e Poio, dous municipios que, xunto con Marín, acumulan xa case dous meses con peche perimetral e restricións elevadas.
En véspera do Día de Nadal, en Pontevedra capital hai 195 casos activos de coronavirus, cifra que supón 16 máis que tan só unha xornada antes, este mércores.
No caso de Poio, un total de 47 veciños chegan á Noiteboa coa infección activa Son tres casos máis que o mércores.
Marín, con todo, ten este xoves 24 de decembro os mesmos casos activos de covid-19 que unha xornada antes, 47.
En Sanxenxo, os veciños que se manteñen como casos positivos son 62, un menos, mentres que en Vilagarcía de Arousa os casos descenderon en dous, situándose en 119 este xoves.
O veciño municipio de Vilanova chega á Noiteboa sen cambios na incidencia da enfermidade, isto é, con sete casos activos, os mesmos que o día anterior.
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés ten este xoves, segundo o balance diario do Servizo Galego de Saúde, 904 casos activos, sete menos que o mércores. Nas últimas 24 horas, detectáronse 60 novos infectados.
Os hospitalizados mantéñense estables. Hai 48 pacientes ingresados nos tres centros de referencia para a covid-19 nesta área sanitaria, os mesmos que este xoves.
A maior parte deles, un total de 29, están ingresados en planta do Hospital Montecelo. Nove están no Hospital do Salnés e dous no hospital QuirónSalud Miguel Domínguez.
Outras oito persoas, que son as que están máis graves, atópanse ingresadas na unidade de coidados críticos (UCI) de Montecelo. Son dous máis que o mércores.
Relacionadas:
-
Sanidade fará cribados en A Illa, O Grove e Bueu pola alta incidencia da covid-19
Por Redacción |
-
Só dous usuarios e catro traballadores da residencia Soremay seguen con covid-19
Por Redacción |
-
Cincuenta e oito novos contaxios nunha xornada con máis de 1.000 PCR e 922 casos activos
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra chega a Noiteboa con 904 casos activos por covid-19 tras 60 novos contaxios
Por Alejandro Espiño |