A gañadora da cesta de Nadal de 'E-Ponte.com' xa desfruta dos seus agasallos
Por Redacción
Silvia Laredo Quinteiro, a veciña de Moraña gañadora da cesta de Nadal sorteada polo marketplace de comercio local 'E-Ponte.com', xa comezou a desfrutar dos seus agasallos cun servizo na Peluquería Arume (corte de cabelo con peiteado e manicura e un champú especial para o seu cabelo) e gastando un vale de 30 euros en Chico's Sport.
Á afortunada vencedora do sorteo impulsado pola concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, a través da plataforma #PonteLovers, aínda lle quedan por gozar boa parte dos presentes dunha cesta valorada en 1.000 euros e que tamén incluía: un vale de 150 euros para gastar en ‘E-Ponte.com’; unha centola da Praza de Abastos; unha mini sesión de fotos de Nadal para nenos valorada en 90 euros con QSM Photo; o libro ‘Caras de Pontevedra’ cedido pola Librería Baroja (100 euros).
Tamén hai dúas caixas do Centro María José Pazos para tratamentos de lifting e para hidratar e tratar en profundidade os signos do envellecemento da pel (140 euros); un vale de 50 euros e un Ritual de Prosperidade para o Ano Novo de Aquelarre (13 euros); un vale de 100 euros de Fotorec; un xogo de sabas de Olbe Textil por valor de 50 euros; unha consulta de nutrición enerxética e un pack de pasta integral Macarrone, alga percebe deshidratada (50 gramos) e spaghetti de mar en lata (valorado todo en 50 euros) achegada por Algas de Galicia.
E aínda lle queda un turrón, un panettone, unha ducia de polvoróns, unha ducia de mazapáns, dúas árbores de Nadal de satén, dúas galletas de estrela, dúas madalenas de Nadal e dúas piruletas de chocolate (cun valor de máis de 35 euros) confeccionadas por A Devesa, e un tratamento facial que de máis de 85 euros na Peluquería Estela que inclúe lifting de pestanas, peiteado e cóctel hidratante.
Relacionadas:
-
Lecer, cultura e delicatessen amplían a oferta do portal E-ponte.com
Por Redacción |
-
Comezan as rebaixas de xaneiro coa previsión de que cada pontevedrés gastará preto de 60 euros menos que en 2019
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
A tenda Nalatcha gaña o concurso de escaparates de Nadal de Pontevedra
Por Redacción |
-
Un cento de comercios de Pontevedra compiten nun certame de escaparatismo
Por Redacción |
-
O Mercado de Abastos transfórmase nunha pasarela de moda
Por Mónica Patxot & Redacción |