Asinado o convenio para dinamizar o Espazo Emprendedor de Innovación Alimentaria de Marín
Por María José Pita
A Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra asinaba este martes un convenio de colaboración coa empresa Cartablanca Consultoría Gastronómica para desenvolver diferentes proxectos.
A Asociación pontevedresa destaca que "o convenio nace co obxectivo de traballar e desenvolver conxuntamente actividades e proxectos enfocados ao sector da hostalería, restauración, gastronomía e alimentación, sectores especialmente golpeados".
Unha das liñas de traballo que desenvolverá Cartablanca é a dinamización do Espazo Emprendedor de Innovación Alimentaria de Marín, que xestiona Aje Pontevedra a través dun convenio co Concello de Marín.
Desde Cartablanca informan que teñen dous proxectos en fase de estudo para a posta en marcha no segundo trimestre deste ano nas instalacións do Espazo de Innovación Alimentaria situado no porto de Marín. Por unha banda, unha formación intensiva na aula de cociña e, por outra, o desenvolvemento dun proxecto de innovación alimentaria que sirva de punto de encontro e difusión a empresas locais que traballan con produtos do mar, co "obxectivo de que poidan abrir os seus modelos de negocio".
Cartablanca vai achegar aos asociados de Aje Pontevedra os seus dez anos de experiencia en "xestión de proxectos en alimentación, gastronomía, hostalería e restauración, cun especial coidado ás tendencias do mercado".
Neste sentido, apuntan desde a consultoría gastronómica os proxectos desenvolvidos con tres clientes da cidade de Pontevedra: El Cafetín, para o que "xestionamos a súa comunidade virtual e tamén o traballo de decoración, investigación de produtos..."; Mafari, para o que "desenvolvemos a súa marca nova de café Magarden": e Meu, unha cafetería recentemente inaugurada e para a que "asumimos a reforma integral".
Relacionadas:
-
A pandemia reorienta a actividade de AJE Pontevedra cara á teleformación e aumenta os seus socios na hostalería
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A alcaldesa de Marín sinala o Espazo de Innovación Alimentaria como referente gastronómico
Por Redacción |
-
Adxudican a El Abuelo Lelo un dos despachos do Espazo Emprendemento de Marín
Por Redacción |
-
Ampliado o prazo de solicitude de despachos no Espazo Emprendedor de Marín
Por Redacción |
-
Concello e AJE colaboran na posta en marcha dun Espazo de Innovación Alimentaria de Marín
Por Redacción |