Unha vertedura tingue de branco o baixo caudal do Gafos
Por Redacción
Este domingo 15 de setembro o río dos Gafos, á altura da rúa Otero Pedrayo, sufríu a enésima vertedura.
Alertados por vecinos, membros de Vaipolorío puxéronse en contacto co 112, que o puxo en coñecemento da Policía Local de Pontevedra, Policía Autonómica e Augas de Galicia.
Os voceiros de Vaipolorío suliñaron o agravante de que "en dito punto estanse a producir verquidos de augas fecais por un conducto deseñado para dar saída a augas pluviais".
Estes días o río dos Gafos está a sufrir "o bo tempo que estamos padecendo" dado que determinados tramos do río están secos, e peixes e demais seres vivos que o habitan están morrendo por falta de auga e de osíxeno, especialmente na zona alta, Figueirido, Bértola e Tomeza.
Esta vertedura non ven máis que a agravar a situación de "estrés hídrico" que está sufrindo o río.
Relacionadas:
-
Vaipolorío retira 200 quilos de lixo nunha xornada de limpeza do Gafos en Tomeza e Bértola
Por Redacción |
-
Denuncian un novo vertido a causa das obras do Nó do Pino horas antes de que Ana Pastor as inaugure
Por Natalia Puga |
-
Vaipolorío estuda denunciar por delito ambiental as verteduras ao río Gafos
Por Oskar Viéitez |