A delegada territorial da Xunta mediará para que se realicen varias obras pendentes en Vilanova de Arousa
Por Redacción
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luisa Piñeiro, mantiña este xoves unha reunión co alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, na que recolleu as súas solicitudes para xestionar as sendas de Caleiro e Corón, a realización de diversas melloras nos colexios, a dotación do alumeado no polígono empresarial de Baión e a humanización da praza do centro urbano.
A representante autonómica explicoulles ao alcalde e ao tenente de alcalde, Javier Tourís, que o paseo de Corón, na estrada autonómica PO-549, xa está en fase de contratación e a senda de Caleiro, na vía PO-307, atópase un pouco máis atrasada na fase administrativa.
Por outra banda, na xuntanza tamén se abordou a posible realización dalgunhas melloras nos centros educativos públicos e a renovación do alumeado no polígono industrial de Baión. Estas cinco actuacións son consideradas prioritarias para o Concello e a delegada anunciou que vai xestionalas coas distintas consellerías e ver as posibilidades de execución tendo en conta os plans existentes e a dispoñibilidade orzamentaria do goberno galego.
Durante o encontro, tamén se trataron as recentes concesións da Xunta de Galicia ao Concello de Vilanova, xa que vén de outorgarlle un Plan de Infraestruturas Rurais, dotado con case 50.000 euros, e ten reservada unha partida de medio millón de euros para saneamentos nos Orzamentos Autonómicos 2021.
Relacionadas:
-
Conclúe a obra de mellora enerxética no CEIP Xulio Camba de Vilanova de Arousa
Por Redacción |
-
A Xunta compra sete parcelas en Baión para construír a planta de Sogama
Por Redacción |
-
A nova planta de compostaxe de Vilanova dará servizo a 25 municipios e xerará 30 postos de traballo
Por Redacción | Creada e actualizada