Sacan a licitación a xestión das escolas infantís de Sanxenxo por 2,3 millóns de euros
Por Redacción
A xestión das escolas infantís municipais de O Tombo e O Revel, en Sanxenxo, custará 2.346.694,22 euros durante o próximos catro anos. Así o deu a coñecer este luns o Concello a través dun comunicado no que anuncia que o organismo autónomo Terra de Sanxenxo acaba de sacar a licitación o servizo.
O prezo do servizo increméntase en 466.851 euros respecto ao concurso de 2016 e contempla un reforzo na limpeza para os catro anos e medidas de hixiene especificas para a covid-19. Trátase dunha demanda necesaria en plena pandemia da covid-19.
As novas condicións do concurso suman ao persoal a dúas traballadoras a media xornada en cada unha das escolaa. O goberno local aposta por manter este reforzo de persoal de forma indefinida para garantir a calidade do servizo.
O prego contempla tamén o aumento de horas do persoal para garantir as aulas burbulla mentres permaneza esta situación sanitaria. O horario habitual, agora modificado polas necesidades da pandemia, é de 7:30 a 20:30 horas e inclúen servizo de comedor.
Ambas as escolas infantís municipais contan con 121 prazas para os distintos tramos de idade, 24 de 0-1 ano; 39 de 1-2 anos; e 58 de 2-3 anos. O persoal está conformada por 28 traballadoras que a concesionaria deberá subrogar coa adxudicación e que supón un gasto anual de 496.207 euros cunha media mensual de 41.350,66 euros.
En canto aos gastos de mantemento e xerais, o prego recolle unha estimación de 76.100 euros anuais. Ademais, o prego actual recolle como mellora unha partida de 25.000 euros que se destinará á adquisición de material para ambos os centros.
O prazo para presentar as ofertas culmina o luns 15 de febreiro e a nova concesión deberá comezar a funcionar o próximo 1 de abril.
Relacionadas:
-
As escolas infantís de O Tombo e O Revel teñen 90 estudantes admitidos e nove en lista de espera
Por Redacción |
-
O BNG denuncia "diminución da calidade" e "deterioración" no servizo das escolas infantís de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Un total de 54 familias de Sanxenxo beneficiaranse da gratuidade do segundo fillo nas garderías municipais
Por Redacción |
-
Cinco operarios desinfectan as escolas infantís municipais coa intención de abrir o 25 de maio
Por Redacción |