As escolas infantís de O Tombo e O Revel teñen 90 estudantes admitidos e nove en lista de espera
Por Redacción
As escolas infantís municipais de O Tombo e O Revel, en Sanxenxo, xa teñen 90 estudantes admitidos e nove en lista de espera para o próximo curso. A relación de alumnado e centro pode consultarse nos taboleiros de anuncios e na sede electrónica municipal.
Segundo informou o Concello, actualmente hai lista de espera con dous estudantes nas aulas 1-2 da EIM O Revel e de 7 na EIM O Tombo. Aínda quedan prazas nos 0-1 e de 2-3 da EIM O Revel e no grupo 0-1 da EIM O Tombo.
En canto ao alumnado admitido, a matrícula deberá formalizala entre o 28 de xuño e o 9 de xullo, tanto presencialmente no rexistro xeral do Concello solicitando cita previa no 986 727 500 ou na sede electrónica do a través do impreso normalizado que se facilitará nas EIM, no Concello de Sanxenxo, no Pazo Emilia Pardo Bazán e na web.
Para realizar a matriculación será imprescindible o cumprimento do calendario de vacinación infantil do Programa Galego de Vacinación ademais de incluír a instancia específica e a documentación que se require para a matrícula.
As peticións fóra de prazo admitiranse en casos de nacemento, acollemento ou adopción con posterioridade ao período de presentación de solicitudes; cambio de municipio de residencia ou outras circunstancias sociofamiliares ou laborais. Nestes casos será preceptivo e vinculante o ditame dos Servizos Sociais de Sanxenxo.
Finalmente, para que as familias novas poidan coñecer as instalacións dos centros, celebrarán unha xornada de portas abertas o luns 21 de xuño de 17:00 a 18:00 horas.
Relacionadas:
-
As escolas infantís municipais de Sanxenxo abren o luns a solicitude de ingreso
Por Redacción |
-
Sacan a licitación a xestión das escolas infantís de Sanxenxo por 2,3 millóns de euros
Por Redacción |
-
Sanxenxo saca a licitación a parcela de O Revel na que se construirá un novo centro educativo
Por Redacción |