O elevado número de altas fai baixar os casos activos na área sanitaria a pesar de sumar 91 novos contaxios
Por Diego Espiño
A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés sitúase este martes 9 de febreiro con 2.305 casos activos de covid, o que supón un importante descenso con respecto á xornada anterior segundo reflíctese nos datos da última actualización do Servizo Galego de Saúde.
Esta caída, con 178 infeccións activas menos nas últimas horas, débese ao elevado número de altas epidemiolóxicas que se produciron, xa que o nivel de novos contaxios detectados incrementouse ata os 91 positivos. Con todo as citadas altas foron de 269, facendo baixar o balance de afectados.
Onde apenas hai cambios é na presión hospitalaria, con dous pacientes menos ingresados na área pontevedresa para un total de 130. Deles 20 (-1) evolucionan na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo e o resto permanecen en planta repartidos entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (90), o Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez (11) e o Hospital do Salnés (9).
Desde o inicio da pandemia superaron a covid 8.969 persoas na área sanitaria, rexistrándose 128 falecementos de persoas coa infección activa.
En canto a realización de probas PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 842 que se engaden ás 150.776 efectuadas con anterioridade.
DATOS DE GALICIA
Na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.452, o que supón un descenso de 794 nas últimas horas. Por orde, as áreas con maior afectación son A Coruña con 5.103 (-58), seguida de Vigo 3.012 (-134), Santiago 2.724 (-211), Pontevedra 2.305 (-178), Ourense 1.991 (-105), Lugo 1.721 (-46) e Ferrol 1.596 (-65).
Do total de persoas positivas, 248 están en UCI (-6) e 1.030 en unidades de hospitalización (+33). Ata o momento, en Galicia hai un total de 84.859 persoas que superaron a infección (+1.355), rexistrándose 1.988 falecementos asociados ao virus, dos cales 21 foron contabilizados no último día.
Relacionadas:
-
Seguen a baixar os casos activos de covid pero sobe a hospitalización na área sanitaria, con 134 ingresos
Por Diego Espiño |
-
Dous novos falecementos aumentan a 130 as mortes de pacientes covid na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Só Poio e Soutomaior superan unha incidencia de 1.000 tras saír Sanxenxo dese nivel
Por Redacción |
-
Notable descenso dos casos de covid-19 en Pontevedra, Poio, Vilagarcía, Ponte Caldelas ou Sanxenxo
Por Redacción |
-
Caen a 59 os contaxios diarios por covid na área sanitaria pero sobe a hospitalización
Por Diego Espiño |
-
A área sanitaria mantense por riba do cento de contaxios diarios de covid, con 2.526 casos activos
Por Diego Espiño |
-
A presión hospitalaria empeza a descender lentamente na área sanitaria, con 24 pacientes covid na UCI
Por Diego Espiño |