Concurso de disfraces dixital con 16 gañadores e 3000 euros en premios
Tras a cancelación de todolos eventos públicos e presenciais do entroido en Galicia, dúas empresas galegas enfocadas na organización de eventos e en comunicación dixital crearon un “novo entroido adaptado á situación COVID-19 e á sociedade moderna”.
O entroido é diversión e disfraces, e iso é o que Animatium e ICON trasladaron ao entorno dixital mediante un concurso de disfraces e desafíos, seguindo o estilo da rede social TikTok, para que todos podamos disfrazarnos e divertirnos desde casa. O concurso contará con 5 categorías diferentes, 16 gañadores e máis de 3.000 euros en premios en metálico para realizar compras no pequeno comercio local, así como vales canxeables en comercio e hostalería.
O mecanismo para participar é moi sinxelo, básase nun concurso cunha serie de categorías segmentadas por idades e grupos, que se subirán ás redes sociais do evento e que servirán como gran escenario para desfilar cos nosos disfraces. As diferentes categorías son:
Categoría infantil individual e grupo: poderán concursar menores de 16 anos.
Categoría adulto individual e grupo: maiores de 16 anos.
Categoría interxeneracional: grupos convivintes de todalas idades.
Especial público: poderán participar todolos inscritos, sen distinción de idade.
Para participar só hai que escoller un disfraz, gravar un vídeo de máximo 60 segundos de estilo libre ou que replique un dos dous desafíos que propoñen en https://dentroido.gal e inscribirse ao concurso. Esos vídeos serán publicados por redes sociais oficiais de Dentroido, coa súa previa revisión e validación por parte da organización, de xeito que poderán ser vistos, compartidos, votados e comentados por todo o mundo. Os vídeos cos disfraces participantes serán avaliados por un xurado experto e polo xurado popular a través de Instagram, Facebook y TikTok (@dentroido).
As datas de inscrición son dende o martes 9 ás 12:00 horas ata o mércores 17 de febreiro ás 23:59 horas. Posteriormente, un xurado experto avaliará todalas categorías e se recontarán os votos (likes) do xurado popular para o premio especial do público. Tamén realizarase unha gala dixital en directo, na que se anuncie aos gañadores, que terá lugar o sábado 20 de febreiro ás 19:00 horas. Nesta gala, presentada por Lucía Veiga, actriz e presentadora, realizarase unha exhibición con diferentes actuacións.
Premiarase tanto a creatividade e a performance como a gracia e a calidade do disfrace.
Diversión, creatividade, inclusión e risas para todalas idades é o que suxiren. Supón certo interese o feito de que se realice en formato dixital, xa que permite que se poida disfrutar do Entroido en conxunto, desde casa, con responsabilidade e atopémonos onde nos atopemos; aínda que tamén poderá ser repetido en anos posteriores, como un complemento ás celebracións presenciais tradicionais.
Relacionadas:
-
Barro organiza un concurso de disfraces para o seu Entroido virtual
Por Alejandro Espiño |
-
O Entroido 21 lembrará a evolución histórica de Ravachol a través dunha exposición dixital
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
'Vestindo o Ravachol', o concurso artístico infantil que pon en marcha o Museo de Pontevedra neste Entroido
Por Isabel Feijóo Gallardo |
-
Marín presenta o cartel do seu Entroido 2021, que muda ao formato online
Por Redacción |
-
Poio prepárase para un entroido interactivo e desde casa
Por Redacción |
-
O concurso de disfraces este ano en Cambados será online e con máscara protectora
Por Redacción |