Os socialistas levan ao Parlamento a situación "lamentable" da estrada vella de Marín
Por Redacción
A viceportavoz do grupo socialista no Parlamento galego, Paloma Castro, vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para esixirlle á Xunta que aprobe con urxencia un proxecto de actuación para garantir a seguridade viaria na estrada PO-546, coñecida como estrada vella de Marín.
A responsable socialista alerta do "grave risco" que supón o estado "lamentable" dunha estrada que "soporta o paso de máis de 200 camións de gran tonelaxe que acceden diariamente á empresa Ence, que inciden sobre un firme que é utilizado habitualmente por ciclistas, que non poden circular pola autovía de Marín, e peóns, entre os que se contan moitos escolares que precisan das beirarrúas en bo estado".
Reclámalle así ao goberno galego que repare o firme da estrada, que leve a cabo as actuacións imprescindibles de mantemento e limpeza das beirarrúas e que repoña a sinalización horizontal e vertical, ademais da instalación de pasos de peóns elevados.
Castro leva ao Parlamento as queixas veciñais diante do estado de "abandono e desleixo" desta vía, que só acadaron a limpeza e reparación dalgunhas marxes da estrada, o que "en nada mellora o estado no que se atopa nin reduce o risco de sinistralidade".
Relacionadas:
-
Pontevedra, disposta a asumir a PO-546 se a Xunta antes a reforma por completo
Por Alejandro Espiño |
-
Medio quilómetro da estrada vella a Marín, en Estribela, será rehabilitado de xeito integral
Por Alejandro Espiño |
-
Esixen á Xunta o arranxo "inmediato" da estrada vella a Marín por estar "obsoleta"
Por Alejandro Espiño |
-
O BNG denuncia no Parlamento que a estrada vella a Marín "leva 40 anos sen que se lle puxese a man enriba" e pide a reforma integral
Por Redacción |