O Porto de Marín retirou máis de mil toneladas de residuos o pasado ano
Por Redacción
Os diferentes sistemas implantados no Porto de Marín para a recollida selectiva e reutilización de residuos por parte da Autoridade Portuaria, instalacións frigoríficas e departamentos de exportadores entre outros, deron como resultado a retirada de 1.084.490 quilos de residuos durante o ano 2020.
A consolidación da recollida selectiva no porto por parte da Autoridade Portuaria e a empresa de Servizos Portuarios Cantodarea, e a cada vez maior concienciación dos usuarios, facilita a xestión dos diferentes residuos.
Deste xeito, unha vez descartados os residuos sólidos urbanos e asimilables, o 77,8% restante foi valorizable durante o pasado exercicio ao estar separado en orixe.
Os sistemas de xestión de residuos fóronse facendo extensivos a un cada vez maior número de instalacións en toda a comunidade portuaria a en os últimos anos. Como resultado, desde 2013 retiráronse de forma selectiva 6.055.400 quilos.
O Porto de Marín converteuse nun referente na xestión ambiental de residuos relacionados coas actividades marítimas e portuarias.
O maior volume de residuos separado en orixe durante 2020 corresponde ao papel e cartón, con 435 toneladas e aos plásticos con 263 toneladas, principalmente das instalacións frigoríficas do porto. Séguelles outros materiais de refugallo como restos de redes, burlóns, madeira, poliexpan ou vidro.
Relacionadas:
-
Os sistemas de recollida selectiva do Porto de Marín retiraron preto de 1.200 toneladas de residuos o pasado ano
Por Redacción |
-
Residuos mariños convértense en pezas de exposición no gastromercado
Por Redacción |
-
O Goberno investirá 10 millóns de euros no Porto de Marín para mellorar a súa competitividade
Por Redacción |
-
A APDR afirma que as administracións seguen sen garantir o tratamento das augas residuais
Por Oskar Viéitez |
-
O Porto de Marín retira residuos submarinos da dársena de Praceres
Por Redacción |
-
Mergulladores realizan unha limpeza exhaustiva do fondo mariño de Combarro
Por Redacción |