O proxecto do Laboratorio da Infancia esperta o interese de empresas de Pontevedra e foráneas
Por Redacción
As empresas Taller Abierto, Urban Culture Factory, Alamcia SL, Marexada e Polo Correo do Vento están interesadas en formar parte do proxecto impulsado pola Concellería de Educación para deseñar un Plan Estratéxico Local da Infancia e poñer en marcha un Laboratorio da Infancia.
O Concello de Pontevedra celebrou este venres a mesa de apertura de plicas do proxecto e agora os técnicos municipais disporán agora de dez días hábiles para estudar as propostas presentadas por estas cinco empresas, que son tanto de Pontevedra como con sede noutras localidades, e adxudicar os dous lotes deste procedemento de adxudicación.
O prego de condicións admitía que as entidades licitadoras se presentasen aos dous lotes sempre que se cumprisen cos requisitos de solvencia esixidos en cada un deles e que a mesma licitadora sexa adxudicataria dos dous lotes. Finalmente, houbo unha única empresa que remitiu ofertas para os dous, a consultora madrileña Alamcia SL.
Esta empresa e a firma de xestión cultura pontevedresa Taller Abierto aspiran a facerse coa asistencia técnica que permitirá elaborar, en colaboración cos servizos municipais, un Plan de Acción para a Infancia e un Laboratorio da Infancia (lote 1).
A propia Alamcia, a xestora integral de servizos no sector do lecer educativo, cultural e deportivo Marexada, o colectivo especializado en actividades lúdicas dirixidas ao público infantil Polo Correo do Vento e a escola de deportes e artes urbanos Urban Culture Factory (Mission Surf) presentaron ofertas para o deseño e execución das accións concretas do antedito Plan (lote 2).
Este segundo lote é o relativo ao Laboratorio da Infancia que, entre outras accións, promoverá diversos talleres de educación e concienciación medioambiental, práctica deportiva, sostibilidade, economía circular e vida saudable.
O orzamento económico para a contratación do primeiro dos lotes (Asistencia técnica na elaboración e coordinación da Estratexia Local para a Infancia e seguimento do Plan de Acción) ascende a 54.790 euros, mentres que o relativo ao Deseño e Execución das Accións Directas do Plan de Acción é de 78.650 euros.
Tal e como lembra o o tenente de alcalde e concelleiro de Educación, Tino Fernández, este proxecto está enmarcado dentro da estratexia EDUSI ‘Máis Modelo Pontevedra’ do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) confinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder 2014-2020).
Relacionadas:
-
Activan as actividades para escolares que organiza o Laboratorio da Infancia
Por Redacción |
-
Dúas empresas da cidade xestionarán o Laboratorio da Infancia de Pontevedra
Por Redacción |
-
Pontevedra impulsa un Laboratorio da Infancia para promover unha vida saudable
Por Alejandro Espiño |
-
O "Laboratorio da Infancia" promoverá talleres sobre valores, visitas a parques forestais, piragüismo e escalada
Por Redacción |