Baixada lixeira da presión asistencial na área sanitaria onde permanecen 81 pacientes covid en planta e 15 na UCI
Por Anxo Lourido
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés vai rebaixando paulatinamente a presión hospitalaria. Segundo os datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade este mércores 17 permanecen 96 persoas ingresadas por covid-19 nos centros hospitalarios desta zona.
Segundo os datos ofrecidos, mantéñense 81 pacientes ingresados en planta de hospitalización, cinco menos que este martes, repartidos da seguinte forma: 69 atópanse no Hospital Montecelo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedr a( CHUP); 6 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e outros seis no Hospital do Salnés. A estes hai que sumar os 15 pacientes covid que permanecen na Unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo, dous menos que no anterior balance hai 24 horas.
Nesta xornada hai 1.539 casos activos na área sanitaria, dos que 1.443 mantéñense evolucionando no seu domicilio. Segundo extráese dos datos ofrecidos pola Consellería rexistráronse nas últimas 24 horas, 49 casos activos na área, o mesmo número que durante a xornada do martes.
A cifra de falecementos ascende a 142 mortes, despois de notificar a perda dunha muller de 68 anos que morría o luns no Hospital Montecelo con enfermidades previas no seu historial clínico. Curáronse 10.229 pacientes desde o inicio do plan de continxencia.
Nas últimas 24 horas realizáronse 771 probas PCR nas que se detectaron 46 novos positivos.
DATOS DE GALICIA
Galicia ofrece 11.742 casos activos este mércores, con 357 novos positivos nas últimas 24 horas, dous contaxios menos respecto ao martes. Permanecen hospitalizadas en planta 737 persoas, 27 menos que a xornada anterior, nos distintos centros hospitalarios da comunidade. A esta cifra hai que engadir 187 pacientes que se atopan nas Unidades de Coidados Críticos, 18 menos que na xornada do martes.
Desde o inicio da pandemia recuperáronse 95.465 persoas na comunidade autónoma e faleceron un total de 2.138 persoas, tras comunicar 14 mortes durante a noite deste martes 16.
Relacionadas:
-
Aumenta a presión asistencial na área sanitaria con 94 pacientes covid nos hospitais de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |
-
O número de casos positivos baixa lixeiramente nos municipios da área sanitaria
Por Redacción & Isabel Feijóo Gallardo |
-
A presión nos hospitais segue a relaxarse, pero a media de novos positivos diarios mantense en 50
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
A festividade do Mércores de Cinza mitiga os efectos das primeiras medidas de desescalada en Pontevedra
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Tendencia xeral de descenso en casos covid nos municipios
Por Redacción |
-
Novos cribados preventivos no centro Méndez Núñez e nas residencias de Campolongo e Saraiva
Por Redacción |
-
Unha muller de 68 años falecida en Montecelo, vítima 142 pola covid-19 na área sanitaria
Por Redacción |
-
Continúan en baixada os casos covid nos principais municipios da área sanitaria
Por Redacción |
-
A área sanitaria non atopa casos positivos no cribado feito en Sanxenxo
Por Redacción |