Denuncian a presenza dunha vertedura á ría en Praceres
Por Redacción
Un particular alertaba este mércores 17 ao servizo de Emerxencias do 112 Galicia e a Augas de Galicia da Xunta ao presenciar como se producía unha vertedura dun líquido de cor marrón escura na parroquia pontevedresa de Lourizán, visible ao atoparse baixa a marea.
Segundo este particular, esta vertedura parece de tipo fecal procedente dun colector que desemboca nas augas da ría nas proximidades da praia de Praceres, nas inmediacións da zona onde se atopa a Estación Depuradora de tratamento de augas.
O veciño que detectou esta nova vertedura á ría reclama a intervención das autoridades tanto municipais como autonómicas para que se investigue a procedencia e poida actuarse contra os causantes deste dano ecolóxico.
Relacionadas:
-
O Consello da Xunta prorroga durante un ano a xestión da depuradora dos Praceres
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta replica que a vertedura de Cocheras vén da rede que xestiona o concello
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra esixe á Xunta que resolva as verteduras do 'aliviadeiro' de Cocheiras
Por Alejandro Espiño |
-
Ence asegura que as verteduras detectadas na ría non teñen relación coa súa fábrica
Por Oskar Viéitez |
-
Entregan o novo colector e a estación de bombeo para recoller as augas residuais de Marín
Por Redacción |