O Paseo Manuel Cordo Boullosa péchase ao tráfico para executar a súa reforma
Por Redacción
Este xoves 18 comezaban os traballos para executar a mellora integral da rúa Paso Manuel Cordo Boullosa, unha travesía que une a estrada de Augasantas e o Paseo da Calzada.
Durante os próximos días pecharase ao tráfico para levar a cabo o fresado da actual capa de rodadura e pavimentarase e compactará con aglomerado de cinco centímetros de grosor. Tamén se recolocarán as tapas de rexistro e instalarase un paso de peóns con elevación para reducir a velocidade do tráfico rodado.
Ademais, está previsto o pintado da sinalización horizontal e a instalación de sinais verticais. A partir do momento en que os traballos finalicen, a rúa pasará a ser de dirección de baixada, desde a estrada de Augasantas ata o Paseo da Calzada.
O custo desta obra ascende a 14.648 euros máis IVE e a empresa encargada da obra é Construcións Fechi. O alcalde Andrés Díaz achegábase na mañá deste xoves para comprobar o inicio da actuación nesta infraestrutura municipal.