Aproban o orzamento municipal para 2021 por 80.734.300 euros, cifra máis alta da historia de Pontevedra
Por Redacción
O orzamento municipal para 2021, aprobado este venres, ascende a un total de 80.734.300 euros. Trátase da cifra máis alta da historia do Concello de Pontevedra, e completarase no mes de abril cando se incorporen as remanentes das contas do 2020. Estas últimas superarán os 20 millónes de euros, segundo adiantou o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores.
Este orzamento é a primeira fase do Plan SUPERA, conformado polo orzamento xeral de máis de 80 millóns. Na segunda fase incorporarán os 20 millóns prodecedentes das contas do 2020; e na terceira estarán os fondos europeos de reconstrución.
Nesta liña, o goberno local non quere deixar atrás os 58 millóns de euros que xera o contrato da auga e que están destinados, fundamentalmente, a mellorar as redes de saneamento e abastecemento do rural pontevedrés. O alcalde adiantou que esta inversión "é catro veces maior á media dos últimos anos. É un esforzo moi grande que xerará arredor de 2.000 postos de traballo".
Así mesmo, os ingresos do orzamento 2021 serán incrementados en 1.328.000 euros, e manteñen por sétimo ano consecutivo as taxas e os impostos conxelados, sen incremento do IPC. Este incremento débese, segundo o Concello, o aumento da actividade económica, da poboación e polo traballo feito actualizando os censos coa idea de buscar a equidade fiscal.
Tamén contemplan un incremento do gasto corrente, sobre todo, coa incorporación do Pazo da Cultura ao organigrama municipal, e polos gastos derivados da covid. Estos últimos superan o millón e medio de euros en limpezas de parques e xardíns, de centros de ensino, de dependencias municipais, do espazo público, da merca de EPIS para o persoal, da atención domiciliara ás persoas, a reforma de dependencias municipais, etc.
Pola súa banda, nos case 13 millóns de euros de investimento están incluídos proxectos de accesibilidade rural e urbana, actuacións no Centro Sur, o proxecto de Mollavao, investimentos en xardíns e zonas verdes ou as axudas Supera, financiadas neste primeira fase do Orzamento cun millón de euros para a actividade económica (600.000 euros) e ás familias (400.000 euros).
O capítulo de persoal incorpora o incremento do 0,9% que fixan os Orzamentos Xerais do Estado.
Relacionadas:
-
Conxelados impostos e taxas no orzamento municipal de 2022, ao que lle afectará a suba da luz e a sentenza da plusvalía
Por Redacción |
-
Últimas tramitacións para completar a rede de abastecemento de Lourizán
Por Redacción |
-
Adxudicadas por 1,5 millóns as obras de reforma do Centro Sur de Campolongo
Por Redacción |
-
Pontevedra incorpora 14,6 millóns ao seu orzamento para financiar 52 novas actuacións
Por Alejandro Espiño |
-
A liquidación do orzamento de 2020 permitirá incrementar os investimentos do Concello a 44 millóns de euros
Por Redacción |
-
O PP non recorrerá o orzamento municipal "ante el perjuicio que podríamos crear"
Por Oskar Viéitez |
-
Rafa Domínguez cuestiona a calidade das últimas obras de saneamento
Por Redacción |
-
Actívase o teléfono de información do Concello para as axudas a ordenadores
Por Redacción |
-
Supera21 activa un plan de 1,3 millóns en axudas a autónomos e microempresas
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra aproba, cos votos de BNG e PSOE, un orzamento de 80,7 millóns para 2021
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |