Publican unha guía de atención sociosanitaria para as persoas con diversidade sensorial
Na provincia de Pontevedra existen polo momento arredor de 17.000 persoas que teñen recoñecida diversidade sensorial, e dentro do propio Concello ou área de influencia de Pontevedra sitúase sobre as 7.000 persoas. O concelleiro de benestar, Marcos Rey, explica que un dos obxectivos que teñen para os próximos anos é o da "superación de limitacións invisibles que se impoñen a estas persoas con diversidade sensorial, e aínda máis hoxe en día co tema da pandemia", ademais de convertirse en exemplo para a cidadania.
Esta guía de atención socio sanitaria elaborada en colaboración con XOGA pretende ser un referente non só a nivel local senón tamén a nivel galego, xa que é agora mesmo o único manual para atención sociosanitaria para persoas con diversidade sensorial na autonomía. Ademais, tal e como explicou Josefa Carballo, a coordinadora sociosanitaria do colectivo, trátase dunha "guía innovadora, xa que non existe no contexto nacional un apoio de características similares". Tanto o concelleiro como a coordinadora sanitaria levaron durante a rolda de prensa unhas máscaras sanitarias transparentes co fin de facilitar a lectura dos beizos na fala.
A coordinadora sanitaria explica que se trata dunha guía sinxela, práctica e versátil; e que se pode atopar tanto en formato axenda e coa posibilidade de tomar apuntes en todo momento ou como formato PDF. Este último está subido á páxina web do Concello de Pontevedra e pódese acceder a el dun xeito doado a través dun codigo QR. Está dirixido a toda a poboación en xeral, aínda que con especial incidencia como beneficiarios as persoas con diversidade sensorial, e afirma que "engadirá calidade de vida ao sensibilizar a nosa comunidade".
Tendo en conta que a diversidade sensorial engloba a persoas sordas, sordo-cegas, con perda auditiva, cegas e con problemas de linguaxe, no Concello de Pontevedra estimase que coexisten entre 7.000 e 8.000 persoas con diversidade sensorial, que cumplen co 33% de grao de discapacidade segundo os criterios da Xunta de Galicia. Ademais, existen todavía un número moi amplo de persoas sen valorar, polo que a cifra aumentaría exponencialmente de telas en conta estimando, como mínimo, un membro con diverside sensorial por fogar.
A elaboración do proxecto evolucionou de xeito positivo a unha guía de atención sociosanitaria moi ampla con 52 páxinas dirixidas a todas as persoas. Supón, para calquera cidadán, o imprescindible para coñecer e atender as persoas da comunidade. Nela tratan de sensibilizar o tema e desmitificar os estereotipos da comunidade, proporcionar unhas mínimas pautas de atención ante unha persoa con diversidade sensorial, así como recursos humanos e técnicas que beneficien a detención precoz. Ademais, tamén se incluén unha serie de termos a considerar cara a procura de equidade.