Pereiras en flor de ata seis metros engalanarán a Avenida de Ourense
Por Redacción
A primeira fase do novo paseo da Avenida de Ourense xa deixa ver parte do seu arboredo. Desde a fronteira con Pontevedra, comezáronse a plantar as novas árbores. Son exemplares de seis metros de alto de pereiras en flor (Pyrus calleryanna president).
Xa están plantadas a metade das árbores desta primeira fase e o obxectivo, segundo o goberno municipal, é tratar de rematar canto antes este tramo de paseo.
Os traballos estanse a centrar nestes momentos desde a entrada ao porto por Nodosa ata a marquesiña da Praza de España.
No que respecta ás plantas, repartiranse no parterre do primeiro tramo, que está dividido por unha escaleira. A área máis grande mide aproximadamente 35 metros de largo.
As especies elixidas que ornamentarán este espazo e que formarán parte das composicións serán distintos tipos de Nandina doméstica, de Leucothoe axillaris, Leucothoe scarletta e gramíneas como Muhlnbergia capillaris e algunha especie de Pennisetum alopecuroides.
En total, serán máis de 3.000 unidades de plantas que embelecerán a Avenida de Ourense. Son especies elixidas polo bo aspecto que terán ao longo de todo o ano, cun mantemento sinxelo.
A maiores, o Concello asegura que pronto se poderán repoñer as dúas estatuas que xa figuraban na antiga avenida, a da carrexadora, de Ramón Conde, e a da parella.
Relacionadas:
-
As obras de humanización da Avenida de Ourense, en Marín, entran na súa recta final
Por Redacción |
-
Marín creará un espazo de participación cidadá para supervisar os fondos europeos
Por Redacción |
-
Marín xa ten en funcionamento o novo colector da Avenida de Ourense
Por Redacción |
-
Marín prevé activar as zonas de estacionamento limitado a principios de 2021
Por Redacción |
-
O goberno municipal deseña o 'Marín do futuro' a partir dun novo plan de mobilidade urbana
Por Redacción |