Portas, único municipio da área sanitaria sen casos activos por covid-19
Por Redacción
Portas converteuse no primeiro municipio da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés en estar libre de covid-19 nesta terceira vaga. Non só non ten ningún caso activo nestes momentos, senón que non se detectou ningún nos últimos quince días.
Así o acreditan os datos do Servizo Galego de Saúde, que sitúa a outros dous concellos, Forcarei e O Grove, como os lugares onde a pandemia está máis controlada. En ningún deles a incidencia acumulada a 14 días supera os 50 casos por cada 100.000 habitantes.
No lado contrario da balanza atópase Soutomaior, que por segundo día consecutivo, supera os 500 de incidencia. É actualmente a zona de maior risco de toda a área sanitaria.
Entre os municipios máis afectados moderouse a situación en Ponte Caldelas (28 casos, dous máis), que sae da 'zona vermella' na que entrara onte; e na Lama.
Vilanova de Arousa (40 casos, catro menos), Vilaboa, Cambados (43 casos, tres menos), Marín (87 casos, un máis) e Cuntis (11 casos, un menos) seguen con datos altos, cunha incidencia que oscila entre os 250 e os 400 casos por cada 100.000 habitantes.
Con 181 casos activos (nove menos que onte) atópase a cidade de Pontevedra que, segundo traslada o goberno municipal, logra reducir a súa incidencia ata os 178.
Acompáñana neste nivel de incidencia outros sete concellos. Son Vilagarcía de Arousa (85 casos, sen cambios), Sanxenxo (45 casos, catro máis), Meis, Moraña, Campo Lameiro, A Illa de Arousa (8 casos, sen cambios) e Catoira.
Cunha incidencia menor a 150, nalgúns casos xa próxima a 50, mantéñense por último Barro, Caldas de Reis, Cerdedo-Cotobade, Poio (32 casos, once menos), Bueu, Meaño (11 casos, un menos) e Ribadumia.
A incidencia acumulada a 14 días de cada municipio, a partir dos datos proporcionados polo Servizo Galego de Saúde, pode consultarse no mapa que acompaña a esta información.
Relacionadas:
-
Soutomaior, único municipio da área en risco de maiores restricións debido á incidencia da covid-19
Por Redacción |
-
Baixan os pacientes covid na UCI pero aumentan lixeiramente os ingresados nos hospitais pontevedreses
Por Redacción |
-
Volve rexistrarse un lixeiro aumento da presión hospitalaria por casos covid na área sanitaria
Por Redacción |
-
Un home de 70 anos, vítima 154 da pandemia na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |
-
Ningún positivo por covid-19 no cribado dos profesionais sanitarios
Por Redacción & Mónica Patxot |