Baixan os pacientes covid na UCI pero aumentan lixeiramente os ingresados nos hospitais pontevedreses
Por Redacción
Sesenta persoas enfermas de coronavirus permanecen ingresadas nos hospitais da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, un paciente máis nas últimas horas. Atópanse repartidos, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade, da seguinte forma: 36 no Hospital Montecelo, dous máis que o domingo; e 12 no Hospital do Salnés, un máis que na xornada anterior. Ademais 12 pacientes, dous menos nas últimas 24 horas, atópanse na Unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP).
En total, o número de casos activos sitúase en 753 persoas, das que 693 permanecen nos seus domicilios evolucionando da enfermidade. Durante as últimas 24 horas non se rexistraron falecementos nos hospitais de Pontevedra e O Salnés. A cifra de decesos desde o inicio da pandemia nesta área sanitaria é de 154 pacientes.
Desde o inicio do plan de continxencia curáronse 11.478 persoas. Rexistráronse 30 casos activos menos que na xornada do domingo e nas últimas horas realizáronse 618 probas PCR ofrecendo 27 casos positivos confirmados.
A incidencia acumulada a 14 días é de 196,57 (-20,2) mentres que a incidencia acumulada a 7 días é de 87,32 (-2,0).
DATOS EN GALICIA
Os casos activos en Galicia establécense en 5.207 persoas, 278 menos que o domingo. O número de falecementos é de 2.238 persoas, once máis.
Hai 105 persoas en Unidades de Coidados Críticos e 4.671 enfermos atópanse recuperándose nas súas vivendas.
Noutras áreas sanitarias como A Coruña rexístranse 1.711 casos, 871 en Vigo, 569 en Santiago, 291 en Ourense, 500 en Lugo e 512 en Ferrol.
Relacionadas:
-
100 persoas faleceron por covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés nos tres últimos meses
Por Redacción |
-
A covid-19 cobra unha nova morte en Montecelo, un home de 71 anos
Por Redacción |
-
Soutomaior, único municipio da área en risco de maiores restricións debido á incidencia da covid-19
Por Redacción |
-
Portas, único municipio da área sanitaria sen casos activos por covid-19
Por Redacción |
-
Volve rexistrarse un lixeiro aumento da presión hospitalaria por casos covid na área sanitaria
Por Redacción |
-
Un home de 70 anos, vítima 154 da pandemia na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |
-
Baixa a presión asistencial por covid-19 nos hospitais da área sanitaria nas últimas 24 horas
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |