Lánzase unha campaña de apoio á hostalería por parte do PSOE de Barro
En vistas do éxito acadado coa realización da Campaña de Comercio, o Partido Socialista de Barro lanzou, nesta ocasión, unha iniciativa de apoio á hostalería.
O grupo socialista de Barro, liderado por José Sanmartín, puxo en marcha la publicación dun video a través das súas redes sociais, coa participación dunha decena de compañeiros da agrupación, así como a achega de imaxes por parte dos locais de hostalería do municipio.
Ao igual que se fixo na anterior campaña de comercio, o partido sorteará catro vales valorados en 25 euros cada un, para empregar na hostelería local. Os importes do premios son asumidos pola agrupación como xesto de apoio aos comercios locais, ademais das achegas dos compañeiros e de donacións do Secretario Xeral.
Jose Sanmartín insiste en que "estamos no momento de ir todos a unha e debe haber máxima colaboración de todas as administracións e dos grupos que estamos na oposición". Ademais, tamén fai referencia á necesidade de crear un vínculo veciñal, "somos todos veciños, e nestes tempos non podemos quedar de perfil. A veciñanza e o sector productivo están aí fóra, esperando. Menos ruido e máis noces. Non lles fallemos, pola nosa parte non vai quedar".
Nos vindeiros días continuarán coa posta en marcha das campañas dentro do sector de profesionais, e mesmo están traballando na programación e mostra dun vídeo elaborado en dedicación ao Día da Muller, o 8 de marzo.