Sanidade convoca a un cribado á poboación de Vilanova de Arousa de 50 a 64 anos
Por Redacción
A elevada taxa de contaxios de covid-19 rexistrada en Vianova de Arousa, onde este martes hai 39 casos activos, leva á Consellería de Sanidade a organizar probas masivas. O pavillón municipal de Vilanova de Arousa acollerá a partir deste mércores e durante tres días un cribado a través de PCR convencional cara a detectar o maior número posible de pacientes asintomáticos.
Segundo a información facilitada polo Servizo Galego de Saúde, o cribado realizarase entre a mañá do mércores 2 e a tarde do venres 5 de marzo e confían en que "permitirá reducir a cifra de contaxios de coronavirus nesta localidade arousá".
Sanidade vai convocar, gradualmente e vía SMS telefónico, á poboación de Vilanova de Arousa de entre 50 a 64 anos de idade con tarxeta sanitaria activa nos centros de saúde deste concello, colectivo que nesta localidade acada as 1.734 persoas.
O Sergas mobilizará dous equipos de enfermaría en cada quenda, efectuando tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado das tomas de mostras nasofarínxeas e achegando información aos usuarios.
Aqueles pacientes que teñan un resultado negativo recibirán a comunicación vía SMS e os positivos notificaranse contactando directamente vía telefónica con cada persoa.
Durante o pasado mes de febreiro, a área sanitaria de Pontevedra e o Salnés efectuou un total de 44.591 convocatorias preventivas para a detección da covid-19 entre a cidadanía. Estes cribados efectuáronse tanto con test de antíxenos coma con PCR en mostras de saliva e PCR en mostras nasofarínxeas.
Asistiron finalmente un total de 31.445 persoas, o que representa unha porcentaxe do 70,5 por cento de presencia nas diversas probas para a detección do coronavirus.
O Sergas realizou 2.147 probas nas residencias sociosanitarias, 2.259 probas nos centros educativos, 4.351 en empresas e outros colectivos e 22.688 de forma xeran el concellos. Estas 31.445 probas permitiron detectar un total de 81 positivos.
Relacionadas:
-
Detectan catro positivos por covid-19 no cribado preventivo de Vilanova de Arousa
Por Redacción |
-
Inícianse os cribados para detectar posibles asintomáticos en Vilanova de Arousa
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
O número de pacientes ingresados por covid-19 redúcese a 50 na área sanitaria
Por Redacción |
-
O campus universitario volve ás clases no medio dun cribado con escasa participación
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O cribado feito en Marín revela trece casos positivos de covid 19
Por Redacción |
-
Ningún positivo por covid-19 no cribado dos profesionais sanitarios
Por Redacción & Mónica Patxot |