Alertan do mal uso de aparellos calefactores tras dous mortos en senllos incendios en Pontevedra
Por Redacción
Os dous últimos mortos en incendios urbanos en Pontevedra producíronse polo mal uso de aparellos reprodutores de calor. Así o asegurou a Policía Nacional tras a investigación aberta pola brigada da Policía Científica tras estes dous sucesos.
Os informes policiais concluíron que estas dúas persoas, un home e unha muller, perderon a vida como resultado dun incidente producido por mantas eléctricas.
Ante esta situación, que afecta sobra sobre todo a persoas maiores, desde a Policía Nacional aconsellan extremar as precaucións ante o uso de estufas, braseros, candeas, cableado defectuoso, tomas e enchufes sobrecargados e mantas eléctricas.
Estes aparellos, apuntan desde a comisaría provincial, adoitan ser as principais causas dos incendios que se rexistran en vivendas particulares.
A este respecto, a Policía recomenda desconectar calquera tipo de aparello eléctrico mentres se dorme, sobre todo mantas eléctricas, cargadores de teléfono, computadores portátiles ou estufas eléctricas, obxectos susceptibles de orixinar un incendio.
Ademais, consideran que é recomendable instalar detectores que alerten da presenza de fume e permita aos inquilinos das vivendas reaccionar de forma rápida e, sobre todo, non escatimar no prezo destes aparellos e compralos en establecementos oficiais.
Relacionadas:
-
Falece un home de 89 anos con mobilidade reducida debido ao incendio orixinado nunha manta eléctrica
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
Pontevedra rexistrou en 2020 unha media de seis incendios urbanos cada mes
Por Alejandro Espiño |
-
Morre unha muller de 74 anos tras o incendio da súa vivenda na Avenida de Vigo
Por Alejandro Espiño |