CCOO e UXT esixen a vacinación dos traballadores de Correos
Por Redacción
CCOO e UXT, sindicatos maioritarios en Correos, denuncian que o colectivo de traballadores do servizo postal non está incluído dentro da estratexia de vacinación contra a covid-19 do Goberno, como colectivo prestador dun servizo público esencial.
Na devandita estratexia establécese a orde no que os grupos de poboación poderán acceder á vacinación, e ademais fóronse incluíndo os colectivos que tamén están a ser vacinados ao estimar que a súa actividade laboral é unha función esencial para a sociedade.
CCOO e UXT denuncian que o persoal de Correos non estea incluído nesa previsión, "a pesar de ser maioritariamente un colectivo laboral que presta un servizo público en contacto directo coa cidadanía".
Estes sindicatos afirman que esta exclusión débese á "política de mercantilización e abandono do concepto de Servizo Público" implantada polo seu presidente, Juan Manuel Serrano.
Os sindicatos esixen á empresa que se posicione publicamente esixindo ao Goberno a consideración de Correos como prestadores dun servizo esencial e que accedan á vacinación como colectivo en primeira liña de risco de contaxio.
Relacionadas:
-
Mobilización na defensa do servizo postal de Correos
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
Coidado con esta mensaxe, é unha estafa: "FedEx: Tu envío esta por llegar, rastréalo aquí"
Por Redacción |
-
Cinco denuncias en Pontevedra por intentos de estafa en nome dunha empresa de paquetería
Por Redacción |
-
Correos abre unha bolsa de emprego con máis de 700 prazas en Pontevedra e concellos da súa contorna
Por María José Pita |