Correos abre unha bolsa de emprego con máis de 700 prazas en Pontevedra e concellos da súa contorna
Por María José Pita
Correos e Telégrafos oferta unha ampla bolsa de emprego para contratacións temporais en toda España nas categorías de clasificación, repartición a pé e en moto, e atención ao cliente.
O prazo de solicitude para optar a estas prazas remata o 17 de febreiro e a previsión é que os contratos se inicien o próximo 1 de xuño.
As solicitudes realizaranse exclusivamente de forma telemática a través da web habilitada por Correos: https://www.correos.com/personas-y-talento
As bolsas establecen postos tanto a xornada completa como parcial, que o candidato poderá escoller, do mesmo xeito que se desexa traballar só en servizos rurais ou dispoñoble para calquera necesidade de cobertura.
As persoas candidatas poderán optar como máximo a dous postos da bolsa de emprego, sempre na mesma provincia ou limítrofes. Correos habilitou un buscador para localizar que tipo de posto se oferta en cada municipio: https://convocatoriabolsasdeempleo.correos.es/PublicacionBolsaEmpleo.aspx
A maioría das prazas contemplan unha agrupación de centros de traballo en varios concellos. É o caso da bolsa de emprego para a cidade de Pontevedra que comprende tamén a zona de Ponte Caldelas, ou a de Marín que abarca tamén Bueu.
Estas son as máis de 700 prazas ás que se pode optar na comarca de Pontevedra e municipios da contorna:
PONTEVEDRA - PONTE CALDELAS
- Atención ao cliente: 14 postos a tempo completo e 28 a tempo parcial distribución diaria semanal
- Axente/clasificación: 3 postos a tempo completo e 6 a tempo parcial distribución diaria semanal
- Repartición motorizada: 60 postos a tempo completo, 20 a tempo parcial distribución diaria semanal, 10 a tempo parcial por determinados días á semana ou con distribución de venres, sábados, domingos e/ou festivos e 75 prazas para servizos rurais
- Repartición a pé: 40 postos a tempo completo e 10 a tempo parcial distribución diaria semanal
MARÍN - BUEU
- Atención ao cliente: 6 postos a tempo completo e 10 a tempo parcial distribución diaria semanal
- Repartición motorizada: 15 postos a tempo completo, 15 a tempo parcial distribución diaria semanal e 21 prazas para servizos rurais
- Repartición a pé: 12 postos a tempo completo
CALDAS DE REIS - CUNTIS - PONTECESURES
- Atención ao cliente: 4 postos a tempo completo e 10 a tempo parcial distribución diaria semanal
- Repartición motorizada: 9 postos a tempo completo, 15 a tempo parcial por determinados días á semana ou con distribución de venres, sábados, domingos e/ou festivos e 35 prazas para servizos rurais
- Repartición a pé: 9 postos a tempo completo
SANXENXO - O GROVE
- Atención ao cliente: 5 postos a tempo completo e 12 a tempo parcial distribución diaria semanal
- Repartición motorizada: 9 postos a tempo completo, 12 a tempo parcial distribución diaria semanal, 10 a tempo parcial por determinados días á semana ou con distribución de venres, sábados, domingos e/ou festivos e 28 prazas para servizos rurais
- Repartición a pé: 10 postos a tempo completo
CAMBADOS - VILANOVA DE AROUSA
- Atención ao cliente: 6 postos a tempo completo e 13 a tempo parcial distribución diaria semanal
- Repartición motorizada: 20 postos a tempo completo, 15 a tempo parcial distribución diaria semanal e 32 prazas para servizos rurais
- Repartición a pé: 9 postos a tempo completo
VILAGARCÍA DE AROUSA
- Atención ao cliente: 5 postos a tempo completo e 12 a tempo parcial distribución diaria semanal
- Repartición motorizada: 15 postos a tempo completo, 20 a tempo parcial distribución diaria semanal e 25 prazas para servizos rurais
- Repartición a pé: 20 postos a tempo completo e 4 a tempo parcial distribución diaria semanal
Relacionadas:
-
Mobilización na defensa do servizo postal de Correos
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
CCOO e UXT esixen a vacinación dos traballadores de Correos
Por Redacción |
-
39 persoas incorpóranse en Pontevedra a un posto de traballo fixo en Correos
Por Redacción |
-
Ameazan con folga en Correos ante o temor de peche de oficinas rurais na provincia
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A reducción de persoal en Correos provoca unha reacción sindical con protestas na rúa
Por Redacción |