Os socialistas critican que o custe do servizo de socorrismo duplique a media dos últimos anos

Por Redacción
A líder do PSOE de Sanxenxo, Ainhoa Fervenza, critica o rexedor, Telmo Martín, pola contratación dun servizo de socorrismo que "supón un incremento de case o dobre da media de cartos destinados a este cometido nos últimos anos".
A representante socialista destacou que este orzamento supera os 624.000 euros, sendo o gasto medio dos últimos anos, sen contar o do verán da covid-19, de 350.000. "Nunca un alcalde sacoulle tanto beneficio á covid-19", critica.
"En 2020, por mor da pandemia, se fixo unha ampliación de gasto e meteuse na partida do servizo de socorrismo aos acomodadores de praias. Pero isto non significa que este ano teñamos que pagar o mesmo que o anterior, por recibir un servicio equiparable ao de 2019".
Fervenza considera que o alcalde "quere facernos crer que non imos pagar máis subcontratando o servizo" e engade que "en vez de xogar aos empresarios, cos 300.000 euros que imos gastar a maiores ben poderiamos manter o servizo de Emerxencias y ampliar a temporada de vixilancia de praias con socorristas".
"Se Telmo quere converter a Sanxenxo nun referente turístico ten que implementar medidas novidosas para desestacionalizar o verán. Temos que ir por diante abrindo camiño e buscando a dilatación da temporada de praias", explicou a socialista, que quere recordar ao alcalde que un concello "non se pode xestionar coma unha empresa privada".
Por último, Fervenza insiste en que non serven os centos de miles de euros que dedica á promoción turística "se unha vez que a xente está aquí non se lle ofrece o que vén buscando. Se vendes calidade, o mínimo que podes facer é tratar de ofrecela", concluíu.
Relacionadas:
-
Comisións Obreiras culpa ao "afán privatizador" de Telmo Martín da ausencia de socorristas en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo, sen socorristas na data anunciada por un erro na licitación do servizo
Por Redacción |
-
Renovan o valado da praia de Bascuas e ultiman a nova pasarela de Foxos
Por Redacción |
-
O servizo de salvamento, socorrismo e primeiros auxilios estará activo entre xuño e setembro
Por Oskar Viéitez |
-
Oposición do PSOE á remodelación do Servizo de Emerxencias de Sanxenxo
Por Redacción |
-
O PSOE de Sanxenxo pregunta a Telmo Martín onde están os dous millóns de euros prometidos para axuda social
Por Redacción |