Ponte Caldelas e Vilanova recuperan desde este luns a súa mobilidade completa
Por Alejandro Espiño
Desde este luns tan só un único municipio da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa con restricións de mobilidade. Trátase de Soutomaior, que continuará -polo menos ata o vindeiro venres- no nivel alto de restricións.
Os outros dous concellos que estaban nesa situación, Ponte Caldelas e Vilanova de Arousa, xa non teñen peche perimetral tras a boa evolución epidemiolóxica que experimentaron nos últimos días, segundo Sanidade.
Ambos, do mesmo xeito que os outros 23 concellos da área sanitaria, terán mobilidade total co resto de Galicia. Xa non fará falta ter razóns xustificadas para entrar ou saír do seu territorio.
Ademais, ao pasar ao nivel medio de restricións a hostalería local destes dous municipios poderán servir no seu interior, ata un 30% do aforo. En terraza, seguirá limitado ao 50%.
Sanidade prevé desvelar mañá martes os seus plans para a Semana Santa que, co marco fixado entre as comunidades e o Goberno de fondo, poderá incluír outras restricións.
En todo caso, nas últimas horas as autoridades sanitarias deslizaron a posibilidade de ampliar o horario de actividade da hostalería, ante o baixo índice de contaxios que se están rexistrando na comunidade galega.
Relacionadas:
-
Os casos activos por covid-19 baixan a 244, dos que 25 siguen hospitalizados
Por Alejandro Espiño |
-
A Área Sanitaria baixa dos 300 casos activos de covid por primeira vez desde principios de setembro
Por Diego Espiño |
-
Unha paciente de 94 anos, vítima 160 do coronavirus na área sanitaria
Por Redacción |