Empresarios de Sanxenxo piden solucionar o "nefasto" servizo de internet no municipio
Por Redacción
Nun momento no que a dixitalización e as novas tecnoloxías cobraron máis protagonismo que nunca, Sanxenxo non se pode permitir ter un servizo "nefasto" de acceso a internet. É a advertencia que realizan desde o Consorcio de Empresarios Turísticos ( CETS).
Aseguran que en moitos puntos do municipio a situación é "deficitaria" e consideran que "non pode ser máis sanguenta" xa que, en lugar de mellorar, o servizo de telefonía e fibra "foise deteriorando ata dar a lugar a casos surrealistas".
Hai empresarios turísticos, segundo o CETS, que non dispoñen de telefonía fixa, o que lles dificulta poder traballar "cun mínimo de calidade e competitividade".
"É imprescindible que un municipio turístico como Sanxenxo teña un servizo á altura, polo que resulta clave darlle unha solución satisfactoria aos cortes e deficiencias que se están observando no municipio desde hai xa moito tempo", sinalan.
Por iso, pediron colaboración ao Concello para poder atopar unha solución satisfactoria a esta problemática que lles está causando moitos prexuízos.
A este respecto, desde o goberno municipal sinalan que mantiveron varias reunións coas compañías e coinciden en que se rexistran situacións "inexplicables" como negar a conexión a veciños que están a 100 metros da rede dispoñible,
O Concello encargará un estudo "moi rigoroso", defenden, para coñecer o estado das conexións en todos os núcleos, tras constatar que hai "moitos lugares" que carecen dunha rede de fibra que dificulta o día a día de residentes e establecementos comerciais.
Relacionadas:
-
Sanxenxo pon en marcha un servizo para informar os veciños do acceso a Internet na contorna da súa vivendas
Por Redacción |
-
Sanxenxo reclama a inclusión de 14 núcleos no plan estatal de extensión da banda ancha
Por Redacción |
-
Sanxenxo realizará un inventario sobre as infraestruturas de telecomunicacións nos seus 119 núcleos
Por Redacción |
-
Sanxenxo inviste cada ano 1,7 millóns de euros en reforzar os servizos da tempada alta
Por Redacción |
-
Sanxenxo dará axudas directas municipais a negocios e autónomos do sector turístico
Por Redacción |
-
Telmo Martín: "A ponte de San Xosé e a Semana Santa non poden ser un impedimento para o verán"
Por Redacción |