Presentan dezaseis ofertas para a reforma da Rúa da Ponte
Por Redacción
Ata dezaseis empresas presentaron a súa oferta para obter o contrato para executar a mellora da mobilidade peonil na rúa da Ponte, en Ponte Caldelas.
Esta actuación conta cun orzamento de 84.000 euros e consiste na ampliación e empedrado das beirarrúas, a instalación de mobiliario urbano e a colocación de xardiñeiras con iluminación LED na parte baixa, que deixará unha sutil iluminación sobre o chan de pedra.
Con esta obra, Ponte Caldelas estenderá a liña estética da Praza do Bispo ata a ponte románica, que tamén se atopa empedrada, creando un espazo máis uniforme a nivel estético e práctico.
Relacionadas:
-
Os traballos de reforma da Rúa da Ponte adaptaranse ás horas punta do tráfico
Por Redacción |
-
Adxudicada a obra da rúa da Ponte para facilitar o tránsito de peóns
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas saca a licitación a mellora da Rúa da Ponte
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas anuncia que este será o ano con máis investimentos da súa historia
Por Redacción |