Deteñen un home en Poio acusado de violencia de xénero
Por Redacción
A Policía Local de Poio detivo o pasado xoves 25 de marzo a un home de 35 anos sobre o que pesaba unha orde de detención e requirimento que databa en 2019 para persoarse no Xulgado. O detido, veciño de Poio, ten que vigor unha orde de afastamento da súa exparella sentimental e foi identificado polos axentes nunha vía do núcleo de San Salvador.
Segundo informou o Concello e a Policía Local, xa se fugara dun seguimento por outro caso de violencia de xénero no ano 2020 na parroquia de San Salvador.
Durante o pasado ano a Policía de Poio detivo a oito persoas como presuntos responsables de casos de violencia machista, aos que se suman outras nove investigacións vencelladas a situacións de violencia doméstica, tres delas relacionadas con menores.