A Garda Civil detén un mozo que cultivaba marihuana no medio dun milleiral en Vilanova de Arousa
Por Redacción
Axentes da Garda Civil procederon á incautación de 513 plantas de marihuana de distinto tamaño nun terreo do municipio de Vilanova de Arousa e á detención de JA.N.R., de 29 anos de idade e veciño da devandita localidade, como suposto autor dun delito contra a saúde pública ao admitir ser o coidador e propietario da plantación.
Esta plantación encontrábase medio oculta entre un milleiral e as súas plantas eran de distinto tamaño, unhas listas para a súa recolección e outras recén plantadas, o que fai supoñer unha dedicación exclusiva e alongada no tempo por parte do coidador para unha produción activa durante todo o ano.
As plantas botaron un peso aproximado de 32 quilogramos.
O detido, que carece de antecedentes, quedou en liberdade coa obriga de presentarse no Xulgado de Instrución número tres dos de Vilagarcía de Arousa, cando para iso sexa requirido.
Relacionadas:
-
A Garda Civil incauta unha plantación de marihuana en Caldas de Reis e detén o seu coidador
Por Redacción |
-
Desmantelan unha pequena plantación de 'maría' na terraza dun chalé de Dena
Por Redacción |
-
A Garda Civil incauta 70 plantas de marihuana no patio dunha vivenda de Cambados
Por Redacción |
-
Identifican tres veciños de Ponte Sampaio por plantar marihuana nun monte comunal
Por Natalia Puga |