Un condutor con menos de tres meses de carné sofre un accidente en Poio e cuadriplica a taxa de alcol
Por Natalia Puga
Tres días e tres accidentes con alcoholemia positiva con tres condutores citados para xuízo rápido por un delito contra a seguridade viaria. Este é o balance das tres últimas xornadas nas estradas de Poio segundo o balance realizado pola Policía Local da localidade.
Nun destes accidentes, ocorrido o Xoves Santo, resultou fatal a mestura de alcol e velocidade. Segundo informou a Policía Local, o sinistro consistiu na colisión entre dous turismos, un deles conducido por un condutor novel con menos de tres meses de carné.
O condutor novel deu positivo na proba de alcoholemia, cunha taxa de 0,63 miligramos de alcol por litro de aire expirado. A taxa permitida para este tipo de condutores sitúase en 0,15 miligramos, de modo que a cuadriplicaba.
O sinistro produciuse en Antelo e Mariño sobre as 22.00 horas.
O Venres Santo, 2 de abril, sobre as 16.00 horas produciuse un accidente múltiple na avenida da Barca no que outro condutor deu 0,72 ml/ gr.
Nese sinistro, un turismo que circulaba de entrada a Poio atravesou o carril contrario, impactando cun coche estacionado e rebotando contra un turismo que circulaba de saída de Poio. Finalmente, acabou encaixado contra un muro.
Un total de dúas persoas resultaron feridas con carácter leve e o carril de saída de Poio permaneceu cortado durante unha hora, ata a retirada dos coches.
O primeiro día de accidentes foi o mércores 31 de marzo, cun sinistro cun ferido en Portosanto no que un condutor que chocou contra un muro deu un resultado positivo de 1,02.
Os tres condutores serán sometidos a xuízo rápido e poden resultar condenados a entre tres e seis meses de prisión, o pago de multa de seis a doce meses ou a a realización de traballos en beneficio da comunidade durante entre 31 e 90 días. Ademais, poderá retirárselle o carné de conducir por un tempo que vai entre 1 e 4 anos.
Relacionadas:
-
Denunciado por condución temeraria un condutor que envorcou o seu coche por exceso de velocidade en Campelo
Por Redacción |
-
Combarro e Raxó, puntos claves da vixilancia da Policía Local de Poio para evitar incumprimentos do límite perimetral
Por Redacción |
-
Un condutor ebrio resulta ferido tras chocar contra un muro en Poio
Por Oskar Viéitez |