Cerponzóns organiza a segunda edición do seu concurso de espantallos
Por Redacción
En pleno confinamento, os veciños de Cerponzóns idearon un concurso para pasar o tempo. Apostaron por crear espantallos cos que fomentar a creatividade da parroquia e recuperar unha figura que está hoxe en día practicamente en desuso.
O concurso foi todo un éxito e, por este motivo, a asociación de veciños O Chedeiro decidiu organizar a segunda edición deste concurso.
Os espantallos terán que estar confeccionados entre os meses de abril e maio e a primeiros do mes de xuño coñeceranse os gañadores.
Para levar a cabo a elaboración dos espantallos, os participantes só poderán materiais como envases e botellas de plásticos, latas de refrescos, tapóns, bolsas de plástico, arames, papel ou roupa usada, sinalan desde o colectivo veciñal.
A participación está aberta a todos os veciños de Cerponzóns.