O Museo Torres acollerá a mostra de 'maios' da artista Cristina Barreiro
Por Redacción
O Concello de Marín presentou a mostra de Maios, que se poderá ver no Museo Torres do 1 ao 8 de maio. Durante eses días, a xente que visite o centro poderán os máis de 20 maios en pequeno formato creados pola artista Cristina Barreiro.
Durante a presentación acudiron Barreiro e as concelleiras Beatriz Rodríguez e Itziar Álvarez, que explicaron que o obxecto desta mostra é "manter vivo o espírito dos maios, unha festa popular moi arraigada no noso municipio".
Así mesmo, adiantaron que á obra de Cristina poderán sumarse réplicas dos que se presenten ao concurso convocado polo Ateneo Santa Cecilia.
Este ano, dadas as restricións da pandemia, non poderán realizar un acto multitudinario na Alameda coma outros anos. Por iso, o Concello apostará por esta exposición de pequeno formato para manter viva esta "importante tradición, onde as embarcacións marcan tamén un punto distintivo propio da nosa vila", concluíron.