SOS Sanidade Pública convoca unha concentración na Alameda para este mércores
Por Redacción
A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou protestas para reclamar a recuperación do sistema sanitario público. En Marín levará a cabo este mércores 21 a partir das 20.30 horas na Alameda.
Entre as diversas cuestións que os convocantes demandan se atopa a reactivación dos centros de saúde e da atención médica presencial, que se viu afectada con motivo da pandemia.
Ademais, piden un plan para afrontar as listaxes de espera acumuladas. Sinalan que é necesaria información transparente e acceso universal ás vacinas covid.
Demandan ademais o incremento de persoal sanitario e que finalice a precariedade e a inestabilidade laboral no sistema sanitario público. Por último, a plataforma convocante rexeita a Lei Galega de Saúde ao entender que recorta as liberdades cívicas.