O Príncipe de Asturias presidiu a conmemoración do XXV aniversario da entrega de Despachos na Escola Naval
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A Escola Naval Militar de Marín celebrou este venres, os actos conmemorativos correspondente ao vinte e cinco aniversario da entrega dos Reais Despachos aos Alféreces de Navío e Tenentes, que recibiron os seus empregos como Oficiais no ano 1988. O acto, celebrado no interior do ximnasio debido ás adversas condicións meteorolóxicas, tivo unha relevancia especial ao estar presidido por S.A.R. o Príncipe de Asturias.
Dáse a circunstancia de que esta promoción é a anterior á do propio Don Felipe, segundo explicaron fontes oficiais da Escola Naval.
O propio Comandante Director desta Escola, Juan Luis Sobrino Pérez-Crespo, dirixiuse no seu discurso ao Príncipe sinalando que "con ellos compartisteis muy diversas singladuras en ésta vuestra casa" e lle agradeceu "el gran gesto que hacéis al querer acompañarles hoy aquí".
A cerimonia castrense deu comezo ás 12:50 horas coa incorporación da bandeira e a posterior revista ao batallón de alumnos. Previamente tivo lugar a celebración da misa no salón de actos da Escola, á que asistiron os compoñentes da Brigada do 88 xunto as súas esposas e familiares, seguida dunha ofrenda á Virxe do Carmen.
Os homenaxeados foron en torno a 150 veteranos, compoñentes das promocións 388 do Corpo Xeral, 118 de Infantaría de Mariña e 63 de Intendencia, así como outros compoñentes de promocións de Oficiais dos Corpos Militares de Sanidade que recibiron o seu despacho o mesmo ano, efectuaron a homenaxe á bandeira, desfilando dun nun, entre aclamacións e aplausos, para bicar a insignia nacional bicándoa dun en un.
Durante o acto militar os presentes entoaron a Salve Marinera, o himno aos caídos e o da Armada. Igualmente as súas mulleres repetiron o xesto bicando á bandeira.
Finalmente o Comandante Director dirixiuse ao Príncipe Felipe pedíndolle que "transmitais al primer marino de España, a vuestro padre, los deseos sinceros de todos los que integramos esta Escuela Naval de una pronta recuperación".
Relacionadas:
-
Intensa axenda privada de Don Felipe en Pontevedra: comida con Feijóo, cea con antigos amigos...
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Príncipe Felipe acode o venres á Escola Naval para celebrar as súas 'vodas de prata' como gardamarina
Por Oskar Viéitez |
-
Marín engalánase para recibir os Príncipes
Por Oskar Viéitez |