Adxudican o proxecto para ampliar o cemiterio da Raña
Por Redacción
O Concello de Marín informou este venres da adxudicación da obra de ampliación do cemiterio municipal da Raña coa construción dun novo columbario e de oito panteóns.
En total proxectarán 80 novos pequenos nichos no novo columbario, cunhas dimensións de 50 centímetros de alto, 50 de ancho e 97 de longo. A maiores plantexan a construción de oito novos panteóns para un total de 28 nichos cada un, ademais dun almacén integrado nun deles para dar cabida aos servizos de pluviais.
O proxecto suporá traballos de demolición, creación de estruturas, saneamento e cantería e a súa inversión ascenderá a case 70.000 euros. Os levará a cabo a empresa ACEVI, a que maior puntuación sacou na licitación.
Tanto o columbario como os panteóns os construirán na parte nova do cemiterio, xunto co último columbario que se creou e para o que o Concello tamén ten outro proxecto de reformar a súa cuberta. Están traballando nunha actuación para protexer da chuvia a fronte de cada un dos nichos, as flores e cirios e ás persoas visitantes.
A superficie construída da nova cuberta será de 18 metros cadrados, cunha altura máxima de 3,72 metros. O prazo estimado desta actuación secundaria é dun mes e medio e suporá unha inversión de 8.923,87 euros.