Bandeiras e fogos artificiais para celebrar outras festas de San José marcadas pola pandemia
Por Redacción
As festas de San José de Cantodarea volverán ser diferentes este ano. Polas actuais circunstancias sanitarias, o festexo terá un componente moito máis visual que social. Para organizar o evento, a concelleira de Festas do Concello de Marín mantivo un encontro con representantes da comisión de festas de Cantodarea e da asociación de veciños desta zona.
A repartición de bandeiras para que os veciños as coloquen nos seus balcóns e xanelas xa se atopa en marcha. Os interesados en ter unha poden recollela, a cambio dun donativo, entre as 19 e 21 horas no baixo anexo á cafetería Apolo.
Estas 5.000 banderillas e o lanzamento de bombas de palenque e fogos de artificio que financia o goberno local serán os únicos acontecementos do programa festivo do 2021.
"Non hai outro xeito de conmemorar estas festas", asumen tanto desde o goberno local como desde o colectivo veciñal á espera de que a pandemia remita e as festas de San José poidan volver á normalidade.
Doutra banda, o Concello iniciou este luns a repartición de roseiras na oficina de Turismo da Praza de España. Trátase dunha iniciativa comercial en enmarcada no programa Marín en Rede, na que a cidadanía podía trocar os billetes das súas compras no comercio local por unha planta. En total, os marinenses realizaron un gasto de 32.000 euros.
En total repartíronse preto de 700 roseiras durante os tres días que durou a repartición. Dada a boa acollida, desde o Concello non descartan seguir facendo campañas similares ao longo do ano que permitan incentivas o consumo nos establecementos adheridos a Marín en Rede.
Relacionadas:
-
María Ramallo reúnese con representantes da Asociación Veciñal A Fonte
Por Redacción |
-
Preocupación en Cantodarea polo estado de vivendas e parcelas abandonadas
Por Redacción |
-
Ceden unha parcela na contorna da Igrexa de San Xosé de Cantodarea para crear un aparcadoiro gratuíto
Por Redacción |
-
Marín inspecciona a montaxe das atraccións das festas de Cantodarea
Por Redacción |