Maica Larriba destaca a eficacia da Comisaría de Policía Nacional en Marín
Por Redacción
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, visitou este venres as instalacións da Comisaría da Policía Nacional en Marín acompañada da comisaria provincial, Estíbaliz Palma, e os responsables da dependencia.
Segundo os datos proporcionados polos mandos policiais, a cifra de delitos esclarecidos por esta comisaría durante o primeiro trimestre de 2021 é do 41,18%. "Uns datos moi positivos que nos permiten falar dunha redución do -0,71 % das infraccións penais na localidade durante o primeiro trimestre do ano 2021 en comparación co mesmo período do ano 2020", informou a subdelegada.
Entre os delitos que máis se viron reducidos durante os tres primeiros meses do ano, destacan os roubos con forza en vivendas e establecementos, que experimentaron unha baixada interanual do -60%, os delitos conta o patrimonio (furtos e roubos de vehículos), que descenderon un -29,63%, os delitos graves e menos graves que reducíronse globalmente un -23,33%, e os delitos contra as persoas que caeron nun -6,67%.
Pola contra, os delitos leves increméntanse un 16%, debido ao aumento das lesións e das estafas por compras con tarxeta realizadas por internet.
A subdelegada subliñou tamén a cifra de eficacia da Comisaría de Marín que se sitúa por riba do 51%. "O labor desta Comisaría permite que, ano a ano, Marín sexa unha localidade máis segura. Por iso quero agradecer o traballo dos seus axentes e, en especial, o esforzo realizado durante o último ano. Un labor encomiable valorado e apreciado pola todos e todas", afirmou a subdelegada.
Por último, a subdelegada lembrou que o seguimento da evolución da pandemia e das medidas que establezan as autoridades sanitarias continuará a ser un reto para a Policía Nacional nesta nova normalidade.
Relacionadas:
-
Absolven un home que estaba acusado de dar unha malleira ao seu amigo en Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Desarticulan un punto negro de venda de cocaína e heroína no centro de Marín
Por Redacción |
-
Deteñen un home de 68 anos que establecera un punto de venda de droga en pleno centro de Marín
Por Redacción |