O comité clínico estudará ampliar os límites ás reunións e ir "avanzando en un ocio al aire libre con más gente"
Por Oskar Viéitez
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, indicou que na orde do día da reunión deste martes do comité clínico "está la posibilidad de ampliar los grupos" e rebaixar as restricións vixentes ata o de agora.
En declaracións aos medios durante unha comparecencia en Pontevedra, Feijóo explicou que este comité que asesora ao Goberno galego na xestión da pandemia abordará relaxación do límite fixado actualmente para as reunións, que na actualidade está fixado en seis persoas en espazos exteriores e a catro en interiores.
Feijóo indicou que se adoptará unha decisión xa que "en este momento ya tenemos los efectos de los 15 días de aquella apertura que hicimos el 8 de mayo" coa caída do estado de alarma e a apertura dos bares ata as 23.00 horas e os restaurantes ata a 1,00 da madrugada.
"Xa temos o impacto desas medidas" indicou Feijóo "ya tenemos por lo tanto un período epidemiológico completo y evaluaremos la ampliación de grupos tanto en interior como en exterior".
Ademais o presidente avanzou que na reunión deste martes "también iremos avanzando en un ocio al aire libre con más gente, me refiero a las verbenas, a los conciertos".
Finalmente o presidente da Xunta indicou que "estaremos muy atentos a la decisión del Gobierno de España en relación con el ocio nocturno, que como saben es una competencia al Gobierno central".
Relacionadas:
-
O plan de Sanidade para o lecer nocturno: prohibido bailar e abertos ata as dúas da madrugada
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta amplía as reunións de non conviventes a seis persoas en interior e dez en exterior
Por Oskar Viéitez |
-
Galicia empezará a chamar aos menores de 59 anos para a segunda dose de AstraZeneca na primeira semana de xuño
Por Oskar Viéitez |
-
O Comité Clínico sitúa a Cambados, Vilanova de Arousa, Moraña e Ponte Caldelas en nivel alto de restricións
Por Redacción |
-
Haberá cribados en Moraña o xoves e venres ante a aparición de novos casos activos
Por Redacción |