O sector turístico de Sanxenxo ten "boas perspectivas" para este verán polo importante número de reservas
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, mantivo un encontro este xoves co presidente do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS), Alfonso Martínez, e a presidenta da Asociación de vivendas turísticas de Galicia (Aviturga), Dulcinea Aguín, no que tamén estivo a técnica de Turismo, Romina Fernández.
Tanto o Concello como o sector turístico traballan coordinadamente volver ser un Sanxenxo como un destino seguro para recibir a visitantes coa mellor atención e servizos. A limpeza, a seguridade e a sustentabilidade serán os tres piares básicos da estratexia turística.
Tanto Martínez como Aguín coincidiron nas "boas perspectivas" para este verán cun importante nivel de reservas.
En concreto, Aviturga ten xa o 29% dos seus aloxamentos reservados na segunda quincena de xuño, unha cifra que en agosto alcanza o 76%. "Estas cifras de reserva son impresionantes sobre todo as do mes de xuño cando normalmente para esas datas apenas se reserva con antelación", sinalou Dulcinea Aguín.
En números similares móvense tamén os asociados do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo. Martínez destacou que a reservas se están facendo por un período máis prolongado que nos últimos anos. Para xuño a cifra de reservas alcanza xa o 30%, en xullo, o 45%, e en agosto, o 60%. "A tendencia dos últimos anos era reservar con pouca antelación e menos días que agora. Os visitantes buscan estancias máis longas", indicou Martínez.
Uns datos que van en consonancia cun recente estudo de La Caixa que apunta a que os españois se gastarán un 30% máis este verán nas súas vacacións e que os destinos poderán recuperar o 85% dos niveis alcanzados en 2019 (un dos anos récord en pernoitas en Sanxenxo).
O sector turístico interesouse tamén polos avances no estudo encargado polo Concello para coñecer de primeira man a situación do despregamento de fibra óptica no municipio.
O goberno involucrouse con este asunto, a pesar de non ser competencia municipal, e contará co inventario de telecomunicacións dos 119 núcleos de poboación de Sanxenxo a mediados de xuño. "*É un documento único que non ten ningún concello e que nos permitirá avanzar para dar resposta a esta necesidade en distintos puntos do municipio", asegurou o alcalde.
Máis aló do verán, Martín confía en que Sanxenxo rexistre unhas boas cifras de ocupación no outono o que axudará a reforzar o obxectivo que se persegue como municipio turístico e dar a coñecer as súas potencialidades os 365 días do ano.
Relacionadas:
-
A Deputación e Aviturga coinciden na necesidade de profesionalizar o sector das vivendas turísticas
Por Oskar Viéitez |
-
Ocupación histórica no mes de xuño nas vivendas de uso turístico
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación e o consorcio de empresas turísticas de Sanxenxo inician unha senda de colaboración
Por Oskar Viéitez |
-
O parque empresarial de Nantes será a sede dun innovador proxecto para fabricar baterías de uso residencial
Por Redacción |
-
Feijoo defende en Sanxenxo que Galicia é un destino turístico seguro
Por Redacción |
-
Sanxenxo recolle os seus 13 distintivos "Q" de Calidade
Por Oskar Viéitez |
-
Oitenta persoas integrarán este verán o servizo de salvamento de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo promete "365 días diferentes" para atraer turistas todo o ano
Por Redacción |
-
58 praias de Pontevedra exhibirán este verán a bandeira azul, 17 delas en Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |