Os propietarios dos chalés de "Mar Tambo" convocan unha protesta contra os desafiuzamentos
Por Oskar Viéitez
Varios propietarios dos chalés construídos fronte á praia de Ouriceira, en Chancelas, na urbanización "Mar Tambo" convocaron un acto de protesta para o vindeiro sábado 5 de xuño ás 18:00 horas, "ante a indignación polo futuro das nosas vivendas".
A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) xa presentou perante o xulgado o proxecto de demolición parcial de 8 dos 16 chalés que compoñen esta urbanización para que os afectados puidesen presentar alegacións.
Segundo explicaron os convocantes, o pasado 6 de maio o director da APLU, Jacobo Hortas, informoulles que este proxecto xa estaba rematado, supervisado e aprobado e que estaba en fase de licitar a obra para a súa execución.
Con este acto de protesta os convocantes queren expresar que "o conxunto arquitectónico Mar Tambo dado o seu exclusivo diseño e materiais constructivos, non supón ningún impacto ou dano á contorna de Combarro. Ademáis ubicase detrás da estrada autonómica P0-308, onde a pouco máis de 500 metros está Covelo, núcleo poboacional onde se levantan edificios a 20 metros da liña de Costas".
Tamén sinalan que "o derribo parcial de 8 vivendas conlevará o desafiauzamento de 8 familias. Familias algunhas delas con cativos, e que atoparanse sen unha vivenda digna. Vivenda digna que se nos nega mentras a Xunta sí reclama solucións para empresas coma ENCE ou macrohoteis como o Talaso de Baiona".
E finalmente apuntan que derrubar 8 vivendas por invadir 2 metros a liña dos 100 metros de costa "é un disparate ademáis de ilegal, xa que aínda hoxe non se publicou a orden ministerial aprobatoria da liña de costa entre Sanxenxo e Pontevedra".
Os propietarios dos chalés de "Mar Tambo" sinalan como responsables da súa situación á Xunta por non paralizar preventivamente unha obra que xa se coñecía que se estaba realizando de forma irregular e tamén culpan á empresa construtora, Vigobarro SL, que xa está liquidada por quebra.
Relacionadas:
-
Propietarios de Mar Tambo en Poio anuncian novas protestas contra a demolición parcial da urbanización
Por Redacción |
-
Afectados da urbanización Mar Tambo reclaman "o mesmo trato que Ence"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O construtor dos chalés de Mar de Tambo afirma que "soy víctima de la mala actuación de las tres administraciones"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
O PP sinala ao goberno municipal como "únicos responsables" da situación dos chalés de Chancelas
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Concello de Poio oponse á derriba de 8 chalés en Chancelas
Por Redacción |
-
Piden ao Concello que organice unha mobilización veciñal contra a derriba de 8 chalés en Chancelas
Por Oskar Viéitez |
-
Os afectados queren que as administracións asuman as súas responsabilidades pola derriba de 8 chalés en Chancelas
Por Redacción |