O Concello de Poio oponse á derriba de 8 chalés en Chancelas
Por Redacción
O Concello de Poio mostra o seu apoio total ás revindicacións das familias propietarias dos chalés situados na urbanización Mar de Tambo, no lugar de Chancelas, e súmase ás súas peticións para que non leve a cabo a derriba de 8 desas vivendas.
O Goberno local entende que se trata dun ámbito que "en ningún caso produce impacto algún desde o punto de vista ambiental, sendo totalmente respectuoso coa contorna".
O Concello entende que "a situación actual foi producida debido a un erro cometido pola empresa construtora, actualmente xa desaparecida".
Ademais insta "ás institucións competentes" a que se impliquen na busca dunha solución que non sexa "deixar desamparadas a varias familias, moitas das cales contan con crianzas e que, de executarse a derriba, quedarían nunha situación complicada da que non son responsables".
Relacionadas:
-
Afectados da urbanización Mar Tambo reclaman "o mesmo trato que Ence"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O construtor dos chalés de Mar de Tambo afirma que "soy víctima de la mala actuación de las tres administraciones"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
O PP sinala ao goberno municipal como "únicos responsables" da situación dos chalés de Chancelas
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Piden ao Concello que organice unha mobilización veciñal contra a derriba de 8 chalés en Chancelas
Por Oskar Viéitez |
-
Os propietarios dos chalés de "Mar Tambo" convocan unha protesta contra os desafiuzamentos
Por Oskar Viéitez |
-
Os afectados queren que as administracións asuman as súas responsabilidades pola derriba de 8 chalés en Chancelas
Por Redacción |