A Audiencia cita de novo o acusado de abusar sexualmente da filla menor de idade da súa parella
Por Oskar Viéitez
A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra sinalou de novo para o vindeiro martes día 8 de xuño un xuízo por abuso sexual. Acusan un home de abusar sexualmente da filla da súa parella, menor de idade.
O fiscal demanda que sexa condenado a once anos e medio de prisión. O xuízo tiña que celebrarse hai uns días pero o acusado presentou un certificado médico xustificando a súa ausencia por enfermidade.
Segundo o escrito de acusación pública, os feitos ocorreron en 2016, cando o acusado mantiña unha relación coa nai da vítima, que entón tiña 14 anos de idade. A parella convivía de forma ocasional, as fins de semana e en períodos de vacacións, nun domicilio do partido xudicial de Ponteareas.
A Fiscalía sinala que, en outubro de 2016, o acusado estaba na vivenda coa menor e que, co pretexto de que lle doía as costas e o colchón da habitación da nena era de mellor calidade, meteuse na cama con ela. Estando os dous deitados, o home "con ánimo de satisfacer o seu instinto sexual e sen empregar forza física para iso", comezou a acariñarlle o corpo e introduciulle os dedos na vaxina, antes de violala, sen que a menor "fose capaz de reaccionar ou impedirllo por culpa do bloqueo emocional que padeceu".
Episodios como este repetíronse polo menos noutras catro ocasiones.
O procesado dixo á menor que, se o denunciaba ou llo contaba á súa nai, el iría á cárcere pero ela iría a un centro de protección de menores ou a un internado perdendo á súa familia e os seus amigos, o que a nena, debido á súa idade e descoñecemento, creu posible.
O ministerio público considera ao procesado, por estes feitos, autor dun delito continuado de abuso sexual sobre menor de 16 anos, e pide para el 11 anos e medio de prisión. Así mesmo, reclama que sexa inhabilitado para exercer oficios relacionados con menores durante cinco anos, a medida de liberdade vixiada durante 9 anos e o mesmo período de afastamento da vítima, para a que solicita unha indemnización de 25.000 euros polos danos morais.
Relacionadas:
-
Once anos de prisión para un home que abusou da súa cuñada de 14 anos
Por Oskar Viéitez |
-
Suspendido o xuízo contra un home acusado de abusar sexualmente dos seus dous sobriños
Por Oskar Viéitez |
-
Os restos de ADN sinalan ao acusado como autor da agresión sexual sufrida pola súa veciña
Por Oskar Viéitez |