Os nenos de Cerdedo-Cotobade recompilan 59 lendas, historias, ditos e refráns do municipio
Por Oskar Viéitez
Un total de 59 audios con historias, lendas, ditos e refráns foi o resultado da actividade escolar colaborativa posta en marcha polo Concello de Cerdedo-Cotobade para honrar a Xela Arias por mor do Día das Letras Galegas.
Intervinieron preto dun cento de nenos do municipio nesta iniciativa interxeracional que favoreceu tamén a participación de netos e avós para recuperar e poñer en valor o patrimonio inmaterial oral de prácticamente todo o concello.
Estas 59 gravacións con historias, refráns, lendas e ditos únicos serán compartidas nas redes sociais polo Concello, desde a páxina de facebook do departamento de Cultura, aproveitando todo tipo de plataformas para que esta recompilación poida chegar o máis lonxe posible.
Próximamente, o Concello de Cerdedo-Cotobade fará entrega aos participantes dun pequeno agasallo para agradecerlles a súa colaboración nesta iniciativa.
LUDOTECAS
O Concello de Cerdedo-Cotobade organiza tres ludotecas de verán que se desenvolverán nas localidades de Carballedo, Tenorio e Cerdedo durante os meses de xullo e agosto e nas que terán preferencia os nenos empadroados no municipio. A esta iniciativa de conciliación familiar estival dedicaranse uns 20.000 euros.
As tres ludotecas, que están orientadas a nenos de 4 a 12 anos, pecharán o prazo de inscrición de solicitudes o vindeiro día 10 de xuño, un custo por rapaz de 40 euros ao mes.