A noite de San Xoán haberá en Pontevedra un cento de fogueiras de particulares
Por Redacción
O prazo para presentación de solicitudes para particulares que quixeran organizar unha fogueira de San Xoán xa finalizou. Segundo informou o Concello, en total foron 100 as comunicacións presentadas por sede electrónica, o rexistro xeral do Concello e presencialmente na Policía Local.
Como xa acontecera o ano pasado, o goberno municipal non autoriza fogueiras comunitarias que empreguen o espazo público ao entender que aínda non se poden garantir as medidas sanitarias e de seguridade habituais destas celebracións.
Aínda así, nas fogueiras en espazos particulares o Concello manterá os protocolos de anos anteriores sobre seguridade e esixirá que se garantan as medidas sanitarias fixadas pola Xunta de Galicia.
Para a realización das fogueiras débese cumprir unha distancia mínima de 15 metros con respecto a edificacións e árbores e poderán ter 2 metros de altura máxima e 4 metros de diámetro máximo da zona de combustión.
O materiais autorizados para queimar son leña, ramas, tocos de árbores e vellos materiais de madeira.
Neste sentido, queda prohibida a queima de elementos como pneumáticos, plásticos, latas, botellas, materiais de PVC, así como botar aerosois, aceites ou líquidos combustibles. Están prohibidas tamén as fogueiras baixo tendidos eléctricos.
Relacionadas:
-
Dispáranse as solicitudes de particulares para facer fogueiras de San Xoán en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Non haberá cacharelas de San Xoán nos espazos públicos de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra autoriza 109 cacharelas particulares para a noite de San Xoán
Por Redacción |
-
Moita sardiña polo San Xoán, de pequeno tamaño e a prezos baixos
Por Oskar Viéitez |