A Xunta reitera que a saída de ENCE de Pontevedra "non é unha opción"

Por Redacción
Para a Xunta de Galicia non garantir a continuidade de Ence na súa actual localización de Lourizán "non é unha opción". Así de tallante se mostrou este martes o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde.
O mesmo día no que a Audiencia Nacional se reunirá para decidir sobre a legalidade da prórroga concedida á compañía pasteira ata 2073, Conde lamentou que a fábrica de Pontevedra estea nunha "situación de inestabilidade".
Esta situación, engadiu, foi "propiciada" por unha decisión do Goberno central "que xerou un problema onde non o había" coa nova lei de cambio climático.
Agora debe ser o executivo de Pedro Sánchez, segundo o vicepresidente segundo do goberno galego, "o que poida dar unha solución concreta a Ence", para que a fábrica de celulosa poida manterse na súa actual localización.
O conselleiro de Economía entende que "temos que esperar" á decisión que adopte a Audiencia Nacional, pero insiste en que o Goberno "debe dar unha solución" para salvagardar os postos de traballo que xera a actividade de Ence en Galicia.
Relacionadas:
-
Comisións Obreiras sairá de novo ás rúas pola defensa do emprego en ENCE diga o que diga a Audiencia
Por Manu Otero |
-
O PSOE acusa ao Ibex 35 de "presionar" á Audiencia Nacional en favor de ENCE
Por Redacción |
-
O persoal de ENCE confía en que a Audiencia Nacional ratifique a prórroga ata 2073
Por Manu Otero |
-
Lores, sobre ENCE: "Hai moitas razóns para pensar que a sentenza vai ser favorable aos posicionamentos do Concello"
Por Natalia Puga |
-
Conta atrás para resolver o futuro de ENCE en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
A APDR presenta a marcha contra Ence en vésperas da decisión da Audiencia Nacional
Por María José Pita |
-
A Audiencia Nacional resolverá o martes 22 de xuño o futuro de Ence na ría de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Redacción |