Marín reivindica que "o amor é diverso, libre e tolerante"
Por Redacción
O luns celébrase o Día do Orgullo LGBTI+ e o Concello de Marín despregou este venres unha pancarta no balcón da Casa Consistorial para mostrar a súa reivindicación e apoio, para abandeirar o respecto e a tolerancia, para fomentar o amor libre.
A alcaldesa, María Ramallo; as concelleiras Marián Sanmartín e Mónica Viqueira, e a directora do Centro de Información á Muller, Marián Sánchez, quixeron visibilizar que "o amor é diverso, libre e tolerante", como reza a pancarta.
Tal e como se recolle no III Plan Estratéxico de Igualdade entre Mulleres e Homes do Concello de Marín (2017 - 2022), xestionado pola área de Empoderamento, Participación Sociocomunitario e Diversidade, o Concello pon en marcha accións transversais dirixidas á sensibilización e erradicación de calquera discriminación.
Relacionadas:
-
O Consello Municipal da Muller celebra o seu 15 aniversario coa idea de integrar poboación masculina
Por Redacción |
-
Os xardíns de Pontevedra alzan a voz pola diversidade para celebrar o Orgullo
Por Redacción |
-
'Letras coloridas' en Pontevedra para apoiar á comunidade LGTBIQA ante o avance dos "discurso de odio"
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A realidade das persoas transexuais centra as xornadas pola diversidade afectivo sexual de Bueu
Por Redacción |
-
Unha semana de reivindicacións do Orgullo LGBTIQA+ en Pontevedra
Por Mónica Patxot & María José Pita |